Nokia 701 - Compartir unha foto ou vídeo directamente desde a cámara

background image

Compartir unha foto ou vídeo directamente desde a cámara
Desexa compartir a foto ou o vídeo cos seus amigos? Cárguea nun servizo de redes

sociais.

Para abrir a cámara, prema prolongadamente a tecla da cámara.

Despois de tomar unha foto ou gravar un vídeo, seleccione e, a continuación, siga

as instrucións que se amosan no teléfono.

A primeira vez que cargue unha foto ou un vídeo nunha rede social, deberá iniciar

sesión no servizo. A continuación, o servizo engádese á lista de servizos compartidos

do teléfono.

Non todos os servizos de redes sociais admiten todos os formatos de ficheiro ou

vídeos gravados en alta calidade.

Consello: Tamén pode compartir as súas fotos e vídeos con outro teléfono que

admita NFC. Para compartir despois de facer unha foto ou gravar un vídeo, toque o

outro teléfono coa área de NFC.