Enviar unha imaxe ou outros contidos a outro dispositivo mediante Bluetooth
Pode utilizar o Bluetooth para enviar imaxes, vídeos, tarxetas de visita, entradas do
calendario e outros contidos aos dispositivos compatibles dos seus amigos e ao seu
ordenador.
Pode ter varias conexións Bluetooth activas á vez. Por exemplo, se está conectado a
uns auriculares compatibles, pode enviar tamén ficheiros a outro dispositivo
compatible ao mesmo tempo.
1 Manteña seleccionado o elemento, por exemplo, unha imaxe. No menú
emerxente, seleccione
Enviar
>
Por Bluetooth
.
2 Seleccione o dispositivo ao que desexa conectarse. Se o dispositivo desexado
non se amosa, para buscalo, seleccione
Máis dispositivos
. Durante a busca,
amosaranse os dispositivos Bluetooth que se atopen dentro do seu alcance.
3 Se o outro dispositivo necesita un código, introdúzao. O código, que pode definir
vostede mesmo, debe introducirse nos dous dispositivos. O código nalgúns
dispositivos é fixo. Para obter máis información, consulte a guía de usuario do
outro dispositivo.
O código só é válido para a conexión actual.