Nokia 701 - Verbo da xestión dos dereitos dixitais

background image

Verbo da xestión dos dereitos dixitais
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das demais

persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,

modificación ou transferencia de imaxes, música e demais contido.

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM

para acceder ao contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido protexido con WM DRM

10 e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os propietarios do contido

soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos mediante DRM. Esta

anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante DRM. Esta

anulación non afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido mediante

DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define os

seus dereitos para utilizar o contido.

Se o seu dispositivo dispón de contido protexido mediante OMA DRM, para facer unha copia de seguridade das licenzas e

do contido, utilice a función de copia de seguridade de Nokia Suite.

É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as licenzas que son necesarias para recuperar co contido

para que poida continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo.

Tamén é posible que necesite recuperar as licenzas en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.

É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida acceder ao contido protexido se

a tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.