Nokia 701 - Inserción dunha tarxeta de memoria

background image

Inserción dunha tarxeta de memoria
Utilice unicamente tarxetas microSD compatibles autorizadas por Nokia para utilizar

co dispositivo. As tarxetas non compatibles poden producir danos na tarxeta e no

dispositivo e danar os datos almacenados na tarxeta.

Importante: Non retire a tarxeta de memoria mentres estea sendo utilizada por

unha aplicación. Podería producir danos na tarxeta de memoria e no dispositivo e

danar os datos almacenados na tarxeta.

Manteña todas as tarxetas de memoria fóra do alcance dos nenos.

1 Apague o teléfono.
2 Tire da lingüeta da tapa traseira cara a parte inferior do teléfono e retire a tapa.

3 Se a batería está inserida, retírea.

4 Insira unha tarxeta de memoria compatible na rañura. Asegúrese de que a zona

de contacto da tarxeta se atope orientada cara abaixo.

5 Empuxe a tarxeta ata que faga clic no seu lugar.

Introdución

11

background image

6 Volva colocar a batería e a tapa posterior no seu sitio. Asegúrese de que a tapa

estea correctamente pechada.

O dispositivo ofrécelle a posibilidade de gravar vídeos en alta definición. Para obter

un rendemento óptimo, se está a gravar un vídeo na tarxeta de memoria, empregue

tarxetas microSD de alta calidade de fabricantes coñecidos. Recoméndase a tarxeta

microSD de clase 4 (32Mbit/s (4MB/s)) ou superior.

Extraer unha tarxeta de memoria

1 Apague o teléfono.
2 Retire a tapa posterior do teléfono.
3 Se a batería está inserida, retírea.
4 Empuxe a tarxeta cara a dentro ata que se libere e quite a tarxeta.