Nokia 701 - Utilizar o teléfono por primeira vez

background image

Utilizar o teléfono por primeira vez
Conceptos básicos do teléfono: copiar contactos, mensaxes e outros elementos do

teléfono antigo. O teléfono guiarao a primeira vez que o acenda. Tamén pode

subscribirse ao servizo Consellos e ofertas para recibir consellos e trucos útiles para

tirar o máximo proveito do teléfono.

Para iniciar unha acción, seleccione . Para omitir unha acción, seleccione .

Para utilizar Servizos de Nokia, cree unha conta de Nokia. Necesitará unha conexión

á Internet. Para obter información sobre os posibles custos, póñase en contacto co

provedor do servizo de rede. Se non pode conectarse á Internet pode crear unha

conta máis tarde.

Se xa ten unha conta de Nokia, escriba o seu nome de usuario e contrasinal, e

seleccione .

Consello: Esqueceu o seu contrasinal? Pode solicitar que llo envíen nunha mensaxe

de correo ou de texto.

14

Introdución

background image

Utilice a aplicación Cambio de datos para copiar os seus contidos, por exemplo:

Contactos

Mensaxes

Fotos

Vídeos

Ao configurar a súa conta de correo, pode establecer que se amose a caixa de entrada

na pantalla Inicio, para así comprobar o seu correo facilmente.

Se precisa realizar unha chamada de emerxencia mentres configura o teléfono, prema

a tecla Chamar.