
Ver as chamadas perdidas
Na pantalla Inicio pode ver se ten chamadas perdidas. A pantalla amosa o número de
eventos perdidos, incluídas as chamadas perdidas e as mensaxes recibidas.
Para ver o número de teléfono, pase o dedo cara a abaixo dende a área de notificación
e, a continuación, seleccione a notificación de chamadas perdidas. O nome do emisor
da chamada amosarase se se atopa gardado na lista de contactos.
Devolver unha chamada a un contacto ou número
Seleccione o contacto ou número.
Ver posteriormente a lista de chamadas perdidas
Na pantalla Inicio, prema a tecla Chamar e, a continuación, abra a pestana de
chamadas perdidas .