
Preparar o seu teléfono para a reciclaxe
Se merca un teléfono novo ou, de non ser así, se desexa desfacerse do seu teléfono,
Nokia recoméndalle que recicle o teléfono. Previamente, elimine toda a información
e contido persoal do seu teléfono.
Eliminar todo o contido
1 Faga unha copia de seguridade do contido que desexe conservar nunha tarxeta
de memoria compatible ou nun ordenador compatible.
2 Peche todas as conexións e chamadas activas.
3 Seleccione >
Axustes
e
Teléfono
>
Xestión do teléfono
>
Axustes de
fábrica
>
Borrar datos e restaurar
.
4 Se llo pide, introduza o código se seguridade.
114 Xestión do teléfono

5 O seu teléfono apágase e, a continuación, acéndese de novo. Comprobe con
coidado que todos os seus contidos persoais, como contactos, imaxes, música,
vídeos, notas, mensaxes, correos, presentacións, xogos e outras aplicacións
instaladas estean eliminados.
O contido e a información gardados na tarxeta de memoria ou na tarxeta SIM non
se eliminan.
Non esqueza extraer as tarxetas de memoria e SIM do teléfono.